| Parque da natureza Barosa

Unha experiencia GastroNatural


O Restaurante Barosa está situado, ao pé dunha cascada, no muiño principal do Parque Natural do Río Barosa, un conxunto etnográfico composto por 17 muíños de auga encravados nun entorno natural privilexiado.

O Parque Natural do Río Barosa atopase na provincia de Pontevedra, no concello de Barro, ao lado da N-550, a 15 km. de Pontevedra cidade dirección Caldas de Reis, e a pouco máis de media hora de cidades como Vigo ou Santiago de Compostela.

A recuperación deste espazo para o desfrute público fai 20 anos supuxo un novo punto de referencia para o turismo das Rías Baixas.

No seu restaurante pódese, dende degustar os pratos típicos da zona, ata celebrar a voda dos teus soños; calquera celebración que te imaxines no corazón desta bela paraxe.

Barosa é natureza, etnoloxía e gastronomía.

Barosa, unha experiencia GastroNatural,