| Banquetes para vodas

Un espazo natural para a túa voda


Empresa recomendada por Zankyou Bodas


O entorno natural da Muiñada de Barosa é un lugar idílico entre os muíños do Parque Natural Ría de Barosa, xunto á fermosa cascada e ás augas cristalinas do remanso do río. Tratase dun lugar privilexiado de natureza e delicada serenidade para vos, que buscades un paraíso natural con carácter propio.

Espazos e capacidades

Poderedes relaxarvos rodeados de natureza e desfrutar tanto do muíño como dos magníficos exteriores. O río, elemento fundamental do encanto de Barosa, xogará un papel esencial na vosa cerimonia, ou mentres desfrutades do banquete da voda xunto aos vosos amigos e familiares.

Servizos que ofrece

O equipo da Muiñada de Barosa ofreceravos o marabilloso espazo exterior para celebrar a vosa cerimonia xunto á cascada, ademais de estupendos pratos para saborear a tradición da zona, cun toque de modernidade e innovación. Podedes optar por facela ao aire libre ou baixo carpa de cristal coa que poder desfrutar igualmente do entorno.

Tamén ofrecémosvos o “Muíño de Maquía” totalmente restaurado e con piso de cristal para que a noiva póidase vestir.

Podemos encargarnos de todos os detalles que necesitades para a vosa voda.


Descargar .PDF 2017 | Servizos | Menús | Prezos | + información

Banquetes - Barosa