| Visitas etnolóxicas e talleres de pan

Experiencias para colexios e outros colectivos


A actividade consiste nunha visita ós muíños de Barosa.

Nesta xornada ensinaremos ós participantes a historia dos muíños en Galicia, a súa importancia histórica e social no  pasado da nosa comunidade así como o funcionamento dos mesmos. Tamén amosarémoslles os diferentes tipos de cereais que se cultivaban na zona, as clases de fariña obtidas a partir deles e a súa utilización na elaboración de distintos produtos de panadería. Amosarémoslles  os distintos elementos que conforman o  noso forno de pedra e o seu funcionamento.

Na segunda parte da visita desenvolveremos un “taller de pan” adaptado as necesidades de cada colectivo. Nel traballaremos o proceso de amasado, levedado e elaboración de diversos produtos de panadería e repostería.

Estas xornadas nos muíños están pensadas tanto para nenxs a nivel lúdico / educativo,  como para persoas adultas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre a materia.


Coordinador:

Jorge López
655 95 28 05
info@barosa.es