Experiencias para colexios e outros colectivos
A actividade etnolóxica para colexios e outros colectivos en Barosa dividese en 3 partes:
Visita etnolóxica
Na primeira parte da visita faremos unha visita etnolóxica que consiste en ensinar aos participantes a historia dos muíños en Galicia, a súa importancia histórica e social no pasado da nosa comunidade así como o funcionamento dos mesmos. Tamén amosarémoslles os diferentes tipos de cereais que se cultivaban na zona, as clases de fariña obtidas a partir deles e a súa utilización na elaboración de distintos produtos de panadería. Amosarémoslles os distintos elementos que conforman o noso forno de pedra e o seu funcionamento.
Merenda de media mañá
Ao rematar a visita etnolóxica, que dura aproximadamente unha hora e media, faremos unha parada para darlle aos participantes unha merenda de media mañá, consistente en galletas, leite, zume e magdalenas, cunha duración aproximada de media hora.
Obradoiro de pan
Unha vez rematada a merenda desenvolveremos un obradoiro de pan adaptado ás necesidades de cada colectivo. Nel traballaremos o proceso de amasado, levedado e elaboración de diversos produtos de panadería e repostería.
Estas xornadas nos muíños están pensadas tanto para nenxs a nivel lúdico / educativo, como para persoas adultas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre a materia.